Comisión de Acción Social.


20 oct. 2015






Hoxe , reuniuse en Santiago a Comisión de Acción Social. Por parte da DXX informasenos que hai 85 solicitudes admitidas e catro solicitudes excluídas por non formular reclamacións a súa exclusión provisional. A contía da axuda , tendo en conta , o número de solicitudes e o grao de discapacidade, quedaría do seguinte xeito:

- 61 beneficiarios pertencentes ao tramo 1( do 33% ao 64% de grao de discapacidade):166 euros aproximadamente.

-14 beneficiarios pertencentes ao tramo 2 (do 65%ao 74% de grao de discapacidade) :333 euros aproximadamente

-10 beneficiarios pertencentes ao tramo 3 (do 75% en diante de grao de discapacidade) :666 euros aproximadamente.

En breve, publicarase o anuncio da resolución definitiva no DOG .O acceso por parte da persoa interesada a dita información e ao importe adxudicado realizarase a través da OPAX co seu certificado dixital recoñecido ou co número de usuario e contrasinal. O pagamento realizarase entre novembro e decembro .