O xoves, 15 de outubro, celebrouse a xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos na que se acordou:
- Ampliar o prazo para o disfrute de días por asuntos particulares e vacacións por antigüidade ata o 30 de abril de 2016
- Que os días por asuntos particulares se poidan acumular aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.
A entrada en vigor será previsiblemente a próxima semana unha vez publicado no DOG.