Comunicación sobre a utilización de medios materiais postos á disposición da Administración de xustiza para cuestións persoais


8 jul. 2015



Publicouse onte, día 7 de xullo, na intranet o seguinte:
Ponse en coñecemento do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza dependente desta comunidade autónoma que calquera tipo de comunicación ou solicitude de carácter persoal que non estea automatizada (caso no que se deberá utilizar o procedemento informático establecido) deberá tramitarse polas vías ordinarias: escrito a través do rexistro, comunicación por fax ou correo electrónico.
En ningún caso é admisible a carta certificada con xustificante de recepción, postal exprés ou outro medio dos postos á disposición dos órganos xudiciais para o seu funcionamento.