CCOO insta á Dirección Xeral de Xustiza a cobertura dunha praza de xestión no Xulgado de Paz de Barbadas polo sistema de substitucións entre titulares.


15 jul 2015




CCOO INSTA A DIRECCION XERAL DE XUSTIZA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE XESTION NO XULGADO DE PAZ DE BARBADAS POLO SISTEMA DE SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES.


No día de hoxe, CCOO presentou un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza expoñendo o seguinte:

1.- Que a praza do corpo de xestión procesual e administrativa do Xulgado de Paz de Barbadas, Ourense, está ocupada por persoal interino ao estar o seu titular en comisión de servizos.

2.- Onte, día 14 de xullo, o devandito titular foi nomeado xefe territorial de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, implicando un cambio de situación xurídica.


POLO QUE DENDE CCOO SOLICITAMOS :

Que se proceda á cobertura do devandito posto por substitución entre titulares de conformidade co disposto:

-No art.º 21.1 da Orde de 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
-E no punto primeiro da Resolución do 7 de maio de 2008 seguindo o trámite previsto no punto sexto da devandita Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Polo que solicitamos que a devandita praza sexa cuberta por un titular polo sistema regulado de substitucións actual, xa que a ausencia do titular na devandita praza no Xulgado de Barbadas, vai ser por un período de longa duración.