A
XUNTA DE PERSOAL DE XUSTIZA DE OURENSE INFORMA DUNHA NOVA CAIDA DUN USUARIO NAS
ESCALEIRAS DE ACCESO AO EDIFICIO XUDICIAL RECENTEMENTE INAUGURADO
As Organizacións Sindicais de
Xustiza emprazan á Delegación de Xustiza a tomar medidas urxentes que eviten
novas caídas e lesións
A
Xunta de Persoal de Xustiza de Ourense denunciou novamente que o venres día
22 de maio de 2015, sobre as 9:30 horas da mañá, unha señora caeu nas
escaleiras de acceso ao edificio xudicial sito na rúa Velázquez de Ourense,
sendo trasladada nunha ambulancia por sufrir un forte golpe na cabeza.
A
Xunta de Persoal denuncia que non é o primeira vez que isto sucede, xa que hai
unhas semanas outra usuaria sufriu un grave accidente, ao caer así mesmo nas
escaleiras dos novos xulgados de Ourense.
A
situación de grave risco para os traballadores e usuarios dos acceso aos novos
xulgados de Ourense xa foi posta en coñecemento da Delegación de Xustiza, sen
que teñamos coñecemento de que a data de hoxe se fixese algo por resolver este
problema que se repite e que, dende a Xunta de Persoal, consideramos ben
sinxelo resolvelo: tan simple como colocar pasamans nas escaleiras e pintar os
bordos destas para que se sexan ben visibles.
A Xunta
de Persoal considera que as medidas de prevención destes xa reiterados accidentes
deben tomarse de forma urxente e inmediata e non esperar a que haxa novos
accidentes.