Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público no 2015.


26 mar. 2015



Aprobada a oferta de emprego das prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza.
En relación co persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, excluídos xuíces, maxistrados e fiscais, a indicada norma establece que, atendendo ás especiais circunstancias que concorren na situación de cobertura das prazas na Administración de xustiza, se computará o número máximo de prazas a autorizar en función do número total de prazas do persoal aprobadas dotadas orzamentariamente e que estivesen ocupadas por funcionarios interinos durante polo menos os tres últimos anos, autorizándose oferta de emprego público naqueles corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en que a porcentaxe das prazas con este tipo de ocupación supere o 15% do total e nun número máximo que, acumulado para todos os corpos, non poderá superar o 20% das vacantes.
No anexo II do Real decreto 196/2015 autorízanse as prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza.