As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí), , ate o 12 de novembro inclusive, anticipando a instancia por fax ao 981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.
CCOO continúa esixindo que a igual traballo igual salario e loitando contra o enriquecemento inxusto da administración. A Dirección Xeral de Xustiza comprometeuse en mesa sectorial a que en xaneiro de 2015 as substitucións serían retribuídas integramente.