- Para CCOO a noticia, é que "as 95.000 empregadas e empregados públicos galegos da Xunta de Galicia terán unha nova rebaixa salarial no 2015"
Para CCOO está máis que claro que Feijoo tan so sabe falar nos medios para facer publicidade enganosa cando non falsa, como neste caso, sobre asuntos extremadamente serios e que afectan a milleiros de cidadás.
Feijoo minte
Feijoo non vai a devolver nin a extra nin o 25% da mesma o vindeiro ano ás 95.000 empregadas e empregados públicos da Xunta , iso é o que oficialmente manifestaron os representantes do executivo galego, na reunión de ai uns días na Mesa Xeral.
A decisión unilateral da Xunta é a de devolver tan so unha porcentaxe dese 25% do que fala o SR. Montoro para ás empregadas e empregados públicos do estado, dentro do vindeiro ano, sen concretar o momento, nin a cantidade; polo tanto falar de 200 euros, aínda que sexa de media, non é máis que unha mentira de cara a galería, xa que no mellor dos casos esta suposta devolución non chegará os 80 ou 90 euros.
A decisión unilateral da Xunta é a de devolver tan so unha porcentaxe dese 25% do que fala o SR. Montoro para ás empregadas e empregados públicos do estado, dentro do vindeiro ano, sen concretar o momento, nin a cantidade; polo tanto falar de 200 euros, aínda que sexa de media, non é máis que unha mentira de cara a galería, xa que no mellor dos casos esta suposta devolución non chegará os 80 ou 90 euros.
Para nada fala Feijoo da rebaixa nas dúas extras efectuadas na administración autonómica nos anos 2013 e 2014 e as previstas para o 2015, que en todo caso foron e serán, e non de media, senón en cada un dos anos, moi superiores a esa cantidade que di devolverá, cando o resto de administracións as aboaron e aboarán íntegras.
Polo tanto, insistimos, non é de recibo tanta desvergoña e falsidade; estas declaracións se fan unicamente como propaganda de intoxicación mediática e coa finalidade de confundir ós cidadás, para facer pensar ó conxunto da cidadanía que a Xunta e il como presidente adoptan e aplican medidas xustas e ecuánimes, nun esforzo por devolver o subtraído no seu día por necesidades extraordinarias.
Polo tanto as cousas claras, nin Feijoo vai devolver ningunha extra, nin as empregadas e empregados públicos da Xunta van recuperar nada pola súa graza; en todo caso son os xulgados os que están obrigando á administración central e a autonómica, desde fai xa máis dun ano, a reintegrar a parte xa devindicada da extra subtraída do 2012 por haber considerado que foi unha medida absolutamente ilegal e irregular, e que en liñas xerais supón o 25% do total da mesma e que, no caso do noso colectivo, os funcionarios de xustiza, o QUE LEGALMENTE NOS CORRESPONDE É O 100%.
Por certo que tamén os xulgados están sentenciando favorablemente, a devolución da parte da extra subtraída no 2013 en Galicia nas empresas públicas, pero de iso non di nada o Sr. Feijoo, habida conta de que non forma parte da estratexia de partido para coas empregadas e empregados públicos nin para co conxunto da cidadanía.
Para concluír, CCOO esixe de Feijoo, menos declaracións propagandísticas interesadas, e máis seriedade e respecto para co conxunto das empregadas e empregados públicos galegos; a realidade é que, “as 95.000 empregadas e empregados públicos galegos da Xunta de Galicia terán unha nova rebaixa salarial no 2015”.