Libres designacións na Xustiza


15 oct 2014


Recentemente publicouse no DOG o Decreto da Nova Oficina Fiscal, onde, por primeira vez na historia, regúlanse cinco prazas de libre designación na Administración de Xustiza, prazas de secretario/a persoal dos Fiscais Xefes de cada provincia e do Fiscal Xeral do TSXG.

Estas prazas foron rexeitadas de plano por CCOO, xa que son terreo propicio para o enchufismo e a opacidade e, en último caso, deberían ser ofertadas a funcionarios/as de xustiza.  A Dirección Xeral de Xustiza negouse a rectificar, non só a eliminar ás libres designacións, das que aínda non dispoñemos da RPT, senón tampouco a limitalas a funcionarios da nosa administración. O seu argumento foi unha regulación harmónica co resto do Estado e unha reivindicación da propia fiscalía. O primeiro, unha falacia, o segundo, unha debilidade ante a autoridade xerárquica que implica un recorte de dereitos.

No BOE de hoxe publícase unha oferta de praza de libre designación para a Nova oficina Xudicial de Murcia, que desmonta os argumentos da Dirección Xeral, limitada a funcionarios de Xustiza

Orden JUS/1872/2014, de 6 de octubre, por la que se convoca la provisión de puesto de trabajo por el sistema de libre designación. (Gestor Servicio Común General - NOJ Murcia)






Orden JUS/1873/2014, de 6 de octubre, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo en el ámbito territorial gestionado por el Ministerio de Justicia, para los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la Administración de Justicia. (NOJ Murcia)
 
Primera. Participantes.
El puesto de trabajo que se convoca podrá ser solicitado por los funcionarios pertenecientes al Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa y que se encuentren en situación de servicio activo, o en cualesquiera otras que comporten la reserva del puesto de trabajo, en el momento de finalización del plazo de presentación de solicitudes. Podrán participar en la presente convocatoria los funcionarios del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa que, además de reunir los citados requisitos, cumplan las condiciones expuestas en el anexo I.



(Orden convoca concurso específico para cubrir puestos de trabajo de los Cuerpos de Gest y Aux NOJ MURCIA