Aclaración oferta de emprego público


2 oct 2014


O Ministerio de Facenda inclúe a última hora Xustiza entre os sectores prioritarios nos que a taxa de reposición aumenta ao 50%.

Se ben no Novas nº 1033 informábamos de que Xustiza non estaba entre os sectores nos que podería haber Oferta de emprego público, finalmente si foi incluída. A nosa afirmación non era baladí, estaba tomada dos datos da propia Moncloa, na Referencia publicada do Consello de Ministros do pasado venres, e da Mesa Xeral de Función Pública doxoves 25 de setembro, onde o Ministerio de Facenda non incluía Xustiza neses sectores prioritarios, así na  páxina web de Moncloa dicían literalmente:

Continua el esfuerzo de saneamiento y renovación de la función pública, y se regula una tasa media de reposición de efectivos del 50 por 100 para los sectores prioritarios de sanidad, educación, fuerzas del orden y seguridad, extinción de incendios y lucha contra el fraude


 Finalmente, Montoro rectifica e o artigo 21 da Ley de Orzamentos Xerais do Estado si inclúe Xustiza, polo que no ano 2015 é posible a unha Oferta de emprego público cunha taxa de reposición de ata o 50% das vacantes.

Para CCOO sigue a ser totalmente insuficientes, xa que dende 2010 destruíronse 400.000 postos de traballo de empregados públicos. En Xustiza, na nosa comunidade, máis de 100 prazas foron amortizadas, as que, obviamente, non se inclúen nesa taxa de reposición e o colapso nos xulgados do social, mercantil e 1ª instancia pode considerarse xa estrutural e de difícil solución sen incrementos de medios persoais e materiais.

CCOO quere recalcar algúns aspectos a ter en conta para que non se frustren as expectativas dos opositores e dos funcionarios que esperan reforzos nos seus xulgados:

1.- O 50% é un tope máximo que non se pode sobrepasar, pero que non asegura a convocatoria e moito menos que se achegue a esa cifra

2.- Esa taxa de reposición toma como referencia as vacantes producidas no 2014 por renuncia, xubilación, morte,... e non as vacantes globais, que nós calculamos nunhas 10.000. Neste punto é moi claro o artigo 21.3 da LPG, polo que a porcentaxe é enganosa, xa que non recolle as vacantes producidas dende o ano 2010, co que a reducción do cadro de persoal é evidente

3.- O goberno pode decidir acumular toda a taxa nun só corpo, como aconteceu en anos anteriores, cando só convocou para o corpo de secretarios ou secretarios e xestión, pero non tramitación e auxilio.