NOVA OFICINA
FISCAL
O pasado venres 12 de setembro o Consello da Xunta
vén de aprobar o Decreto da Nova Oficina
Fiscal, inasumible para CCOO e imposto pola Dirección Xeral nuns termos
inadmsibles:
- Por primeira vez créanse prazas de libre designación
abertas a persoal que non sea de xustiza (5 en toda a comunidade)
- Non queda garantido ao 100% que os xestores procesuais que xa están nas fiscalías manteñan o seu centro de destino
- Non queda garantido ao 100% que os xestores procesuais que xa están nas fiscalías manteñan o seu centro de destino
- Non se cumpre nin de lonxe a ratio que figura no Decreto,
un funcionario por fiscal, co que vai resultar máis un cambio de nome
publicitario que unha mellora organizativa real
As prazas de reforzo que están
nas fiscalías serán consolidadas, 22 en todas a comunidade, pero, en
contraprestación, segundo puidemos saber, a Consellería de Facenda esixe que o
número de reforzos que queden na Administración de Xustiza sexa invariable,
polo que non para nomear un novo reforzo
terán que cesar outro. Nun cadro de persoal mermado, en creación de novos
órganos e con cargas de traballo cada vez maiores polas xubilacións e
amortizacións, o colapso e a sobrecarga de traballo serán xa estruturais.
Seguimos a dicir que se chove que chova?
ACCIÓN SOCIAL
Das 74 solicitudes de acción
social, unicamente concedida a funcionarios con minusvalía ou familiares, foron
admitidas 68 coa seguinte asignación:
- Grao de minusvalía 33/65% à 195,34€ (a previsión era 300€)
- Grao de minusvalía 66/75% à 390,91 (a previsión era de 600€)
- Grao de minusvalía +75% à 780,37€ (a previsión era de 1200€)
CCOO non volverá a
participar nun “paripé”, nun recorte máis, onde as cantidades a distribuír son ridículas.
Esiximos á volta a unha acción social
que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades e que se recuperen
as axudas por fillos e estudos.
FORMACIÓN
Proximamente convocarase mesa de Formación para o
vindeiro ano. Os cursos de linguaxe xurídica, imprescindibles non só para a
formación do persoal, senón tamén para facilitar os traslados á Galicia e a
puntuación dos interinos, continúan desaparecidos do mapa de formación por un
conflito laboral co Profesorado. Solidarizámonos con este colectivo e
demandamos da Xunta unha pronta solución, que non pase por litigar até a última
instancia, como adoitan a facer, e que se convoquen dunha vez os cursos de
linguaxe xurídica nivel medio e superior