- Aberto o prazo de presentación de solicitudes
A oferta inclue cursos
presenciais e en teleformación; os presenciais teñen carácter comarcal, e
os de teleformación serán de ámbito galego.
No Plan de Formación Continua da FSC-CCOO de Galicia previsto para o
segundo semestre de 2014, convócanse un curso medio e outro superior de
linguaxe administrativa
Lembrarvos que os devanditos cursos son convalidables cos Cursos de
linguaxe xurídica, en virtude do artigo 5 da Orde da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria de 13 de xuño de 2011 pola
que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
Os cursos, de 75 horas, son na
modalidade de teleformación, debendo superar un exame presencial.
Hai 30 prazas por edición. Son cursos gratuítos. Para inscribirse nos mesmos é
necesario cubrir a instancia que podedes descargar do Novas e que
debe ser entregada ou enviada por correo ás unións comarcais de CCOO.
Destinatarios dos cursos e documentación necesaria:
- Empregados e empregadas públicas (Administración do Estado, Autonómica
e Local) que estean en situación de servizo activo no momento de iniciarse a
acción formativa, independentemente do tipo de contrato que manteñan coa
administración (persoal funcionario, interino, laboral temporal ou fixo).
- Fotocopia do D.N.I.
- Certificado
de ser empregado/a publico/a expedido polo centro de traballo
durante as datas de inscrición.(Poderá ser substituído pola fotocopia
dunha nómina recente).
Incluimos un PDF, que podes descargar
desde esta mesma noticia, no que poderas atopar toda a información
necesaria para poder solicitar algún dos cursos que ofertamos así como o
modelo de instancia que deberás cumprimentar, antes de remitila á
dirección do sindicato na túa comarca de referencia.