Concurso de traslado 2014. Relación definitiva de vacantes de Galicia


8 abr 2014


A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos a relación definitiva de vacantes de Galicia para o concurso de traslado de 2014, que podedes consultar premendo aquí 

O sector de Xustiza de CCOO considera as 28 prazas unha relación paupérrima, 20 de Xestión, 6 de tramitación e 2 de auxilio, que nin cubre as necesidades dos Xulgados, nin se axusta a realidade pola amortización de prazas decretada en maio de 2012, ademais de anular as esperanzas de decenas de compañeiros e compañeiras, condenados á mobilidade exterior, ou o que é o mesmo, a non poder conciliar a súa vida familiar e laboral como consecuencia da redución dos cadros de persoal decretada unilateralmente pola Xunta de Galicia. Dende CCOO, reiteramos as nosas reivindicacións:

1.- A derogación dos plans de amortizacións do 5% do cadro de persoal, que bloquea  resultas nas Audiencias, Xulgados de Contencioso, Xulgados de Paz, Xulgados de Instrución e anula de facto o concurso de traslado

2.- A creación de prazas dos servizos de apoio coas que xa foron amortizadas dende o ano 2012

3.- A consolidación dos reforzos estruturais, é dicir, dos de máis de dous anos de duración que xa poden ser considerados necesidades dos diferentes órganos, consolidándoos como plantilla e ofertándo esas prazas no concurso de traslado.

4.- A negociación dunha nova orde de substitucións, que permita acceder ás mesmas aos funcionarios que están destinados fóra da nosa Comunidade Autónoma.