Rexistro Civil e LOPX: CCOO esixe convocatoria de mesa sectorial


15 ene 2014


REXISTRO CIVIL

Faltan só seis meses para que entre en vigor a Lei 20/2011 do 21 de xullo dos Rexistros civís (22 de xullo de 2014) e aínda o Ministerio de Xustiza non adoptou unha decisión que garanta de forma definitiva que os rexistros civís son destino exclusivo do persoal de Administración de Xustiza 

CCOO ESIXIU DE NOVO AO MINISTERIO DE XUSTIZA QUE RESOLVA E GARANTICE EXPRESAMENTE, E DE FORMA DEFINITIVA, QUE OS REXISTROS CIVÍS SE MANTERÁN SERVIDOS EXCLUSIVAMENTE POR PERSONAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

CCOO VOLVE A RECLAMAR AO MINISTRO DE XUSTIZA QUE SE MODIFIQUE A LEI DE 2011 E QUE A PERSONA ENCARGADA DOS REXISTROS CIVÍS SEXAN PERSONAL DO CORPO SECRETARIOS XUDICIAIS OU DO CORPO DE XESTORES CON LICENCIATURA EN DEREITO

A tardanza na decisión, que é imprescindible, débese a que o Ministro de Xustiza se nega a recoñecer publicamente un máis dos seus graves erros na súa xestión: intentar entregar os rexistros civís aos rexistradores da propiedade e mercantís, no seu afán por privatizar un servizo público imprescindible.

E ata o momento, a pesar de que só faltan seis meses para a entrada en vigor da lei dos Rexistros Civís de 2011, nin o Ministro de Xustiza nin os máximos responsables do Ministerio informaron aínda da decisión final, que é de extrema urxencia, a pesar dos reiterados intentos de CCOO de conseguilo.


REFORMA DA LOPX

O último texto de reforma da LOPX, do que non informaron ás organizacións sindicais con representación na Administración de Xustiza, xa foi anunciado polo Ministro de Xustiza ás asociacións de secretarios xudiciais o pasado 9 de xaneiro.

CCOO volve esixir ao Ministro de Xustiza a convocatoria urxente da mesa sectorial de negociación sobre o novo contido da reforma da LOPx.

CCOO non vai tolerar que a modificación da LOPX se impoña sen negociación e que supoña a perda de máis dereitos do persoal da Administración de Xustiza, porque os nosos dereitos non son moeda de cambio. Por iso, a nosa esixencia ao ministro de Xustiza, ao secretario xeral da Administración de Xustiza e ao director xeral de relacións coa Administración de Xustiza, para que se convoque a mesa sectorial de negociación e se garantan todos os dereitos dos traballadores e traballadoras .