Acaban de publicar no Boletín Oficial de Navarra a nova Orde de contratación de interinos, coa que CCOO mostra a súa absoluta discrepancia, e así o veñen manifestando reiteradamente os nosos compañeiros en Navarra, con algún dos seus aspectos como é A INTOLERABLE DISCRIMINACIÓN que se establece ao serlles de aplicación o artigo 10.1 h) que permite expulsar a estes compañeiros do seu posto de traballo mediante un procedemento sumario e totalmente discriminatorio que os pode mandar ao paro en total indefensión, tal como ven ocurrindo en demasiadas ocasións.
Os nosos compañeiros de Navarra vanlle dar traslado á súa Asesoría Xurídica para que estudie a viabilidade de interpoñer un posible recurso contra ese artigo da Orde.
Acompañamos o enlace ao Boletín: