Formación a Distancia Sector Público


8 ene. 2014


Aberto o prazo de inscrición para a Formación a Distancia, (do 5 ó 31 de xaneiro deste ano)

Desde esta páxina podedes acceder á información de todos os cursos dispoñibles, así como si o desexades, cubrir e remitir directamente una  solicitude .

En todo caso para maior información podedes contactar directamente cos compañeiros e compañeiras responsables do área en cada comarca ou nos locais que a FSC de CCOO ten en Galicia.


Importante:

"As inscricións dos/as alumnos/as serán válidas, sempre que se produza a convocatoria AFEDAP 2014 e o plan de formación da FSC-CCOO sexa aprobado pola Comisión Xeral, órgano e goberno de dito acordo".

As persoas interesadas, traballadoras e traballadores das administracións públicas, que desexen acceder ós cursos de formación de CCOO, poden realizar a súa inscrición a través deste  enlace.

A Secretaría de Formación da FSC-CCOO recomenda realizar a inscrición ós cursos preferentemente vía online. Para elo deberase cubrir o correspondente formulario, imprimilo e envialo á dirección postal correspondente que aparece na solicitude. Axuntando a seguinte documentación:

-Fotocopia DNI/NIF/ pasaporte

- Certificado de ser Empregado/a público (Poderá ser substituído pola fotocopia da última nómina)

* No seu caso, certificado de incapacidade (Minusvalía igual ou superior ó 33%)


Excluiranse automaticamente todas as solicitudes que:

- Sexan enviadas por fax ou correo electrónico.

- No teñan completos os datos solicitados.

- Non axunten fotocopia do DNI, CIF ou Pasaporte.

- Non axunten certificado de ser empregado/a público ou fotocopia do encabezamento da derradeira nómina.


Documentos relacionados:
Díptico Formación a Distancia 2014. 

Ligazóns de interese relacionadas:
Enlace Formación a Distancia FSC de CCOO para 2014.