Cursos de Linguaxe Xuridica Galega para o personal destinado fora da CCAA de Galicia


9 ene 2014


O 26 de decembro de 2013 publicouse no DOG (Diario Oficial de Galicia) o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, local e de xustiza de Galicia para o ano 2014.


No devandito plan inclúense, para o persoal de xustiza destinado fóra da comunidade autónoma os seguintes cursos:

Nome do curso
Edicións
Prazas
Horas
Linguaxe xurídica galega nivel medio 
1

30
75

Linguaxe xurídica galega nivel superior
2
60

75  c/u.

Como todos os anos, dende o Sector Xustiza de CCOO-Galicia, solicitamos e estamos a presionar á EGAP para que, na primeira convocatoria que se realice, se oferten estes cursos e para que a devandita convocatoria se efectúe no presente mes de xaneiro co fin de que os compañeiros destinados fóra da comunidade autónoma de Galicia poidan realizalos antes do concurso de traslados e así poder ter a puntuación por idioma para o devandito concurso de traslados.

Esperamos que a EGAP teña en conta as alegacións efectuadas por este sindicato e convoque, en primeiro lugar e no presente mes de xaneiro, os cursos de linguaxe xuridica galega para os funcionarios de xustiza destinados fóra desta CCAA, para que poidan ser realizados antes da convocatoria do concurso de traslado.

Na próxima semana seguiremos informando sobre este tema e a contestación da EGAP