
Opcións de tradución
A ferramenta presenta tres opcións:
- Tradución de documentos nos formatos máis habituais (DOC, DOCX, PPTX, XLSX, ODT, ODS, ODP, PDF, HTML, XML e TXT).
- Tradución de texto plano introducido no frontal da propia aplicación, cun tamaño máximo de 10.000 caracteres.
- Tradución de páxinas web, que ofrece como resultado unha páxina a través da que podemos navegar.
Nos tres casos é posible seleccionar que o programa marque ou non con asterisco as palabras descoñecidas.
Tradución vía correo electrónico
Pode obter traducións automáticas de documentos a través do correo electrónico. Envíe desde unha conta corporativa como anexo o documento a traducir (nos formatos indicados arriba e cun tamaño máximo de 15 MB) e recibirá no seu correo o documento traducido. Na tradución por correo electrónico non se marcan con asterisco as palabras descoñecidas. Os enderezos de envío son:
- Galego-castelán: traducion.gl-es@xunta.es
- Castelán-galego: traducion.es-gl@xunta.es
- Galego-portugués: traducion.gl-pt@xunta.es
- Portugués-galego: traducion.pt-gl@xunta.es
Consellos para obter mellores resultados na tradución
- Antes de traducir, revisa o texto orixinal ou pásalle un corrector para identificar erros ortográficos ou estranxeirismos pouco comúns.
- Emprega frases curtas e simples nos textos.
- Coida a puntuación e a sintaxe.
- Evita expresións coloquiais.
- Revisa sempre o resultado da tradución para localizar erros e mellorar o texto.
Complementos (plug-ins)
Desde o apartado "Descargas" é posible obter complementos para a integración de Gaio nos navegadores Chrome e Firefox, en ambos casos en contornos de Windows ou Linux, e para o procesador de textos Microsoft Word. Estes plug-ins permiten facer traducións de páxinas web desde o propio navegador e traducións de textos sen saír do procesador.
Nese mesmo apartado de "Descargas" atópanse manuais para a instalación dos complementos.
Nese mesmo apartado de "Descargas" atópanse manuais para a instalación dos complementos.
Axuda, preguntas frecuentes e suxestións
O portal de Gaio conta cunha páxina de "Preguntas frecuentes", na que se resolven as dúbidas máis habituais, e un manual na sección "Axuda". Se a persoa usuaria localiza traducións incorrectas ou mellorables, pode suxerir a súa modificación a través do formulario de "Suxestións".