Éxito de participación


26 sept 2013




Onte comezaron en Cangas e Marín as primeiras asembleas que se van a levar a cabo por todos os partidos Xudiciais de Galicia e que finalizará o próximo día 18 de Outubro.
A asistencia as mesmas foi un verdadeiro éxito, demostrando os traballadores que xa están fartos das mentiras do Goberno da Champions League da Mentira de Nuñez Feijoo, e do Partido dos Traballadores de Rajoy.
Tanto en Cangas coma en Marín baixou a asemblea o 100% do Cadro de Persoal, salvo o persoal mínimo que ten que quedar no Xulgado.
Nas asembleas tratáronse os seguintes temas.
-      Descrición Situación Actual
-      Repercusión das Reformas Lexislativas no emprego e nos dereitos laborais dos traballadores,que propón o Sr. Gallardón
-      Os Recortes do Goberno do Sr. Rajoy, que afectan a todos os funcionarios de Xustiza do Estado e os Recortes propios do Goberno de Galicia (supresión dun 4% da Masa Salarial no ano 2013, e a mesma merma, que fixo público a través dos medios de comunicación, para o ano que ven,  a amortización de 106 prazas, etc).
-      E todavia queda por entrar en vigor o desconto por as baixas médicas que como sabedes discriminan de maneira vergoñenta  ós Xestores, Tramitadores, Auxilios e Forenses con respecto a Maxistrados e Fiscais.
-      Explicación das mobilizacións que se están a levar noutras comunidades autónomas.

-      Explicación da enquisa que se recollerá entre os traballadores despois do 18 de Outubro coas mobilizacións que queremos realizar en Galicia, e que intentaremos facer coincidir co resto do Estado se é posible, xa que mentres na gran maioría do Estado os funcionarios son conxelados, aquí en Galicia nos reducirán entre 850€ e 2500€(Aux-Tram-X e Forenses) o noso soldo