A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO denuncia o nefasto balance da Reforma da Dependencia, un ano despois da súa aplicación. Coa Reforma do Sistema de Atención á Dependencia reduciuse en 40.812 as persoas atendidas e en 105.062 as persoas con dereito a prestación.
A Dependencia.
Estimase que en España hai o redor de 1.270.000 persoas en situación de dependencia.
Desde que inicio a súa andaina a principios de 2007, o número de persoas con dereito recoñecido e perceptoras dalgunha prestación ou servizo víñase incrementando lenta, pero progresivamente.
Así, en agosto de 2012, daba cobertura a 780.536 persoas e 242.349 tiñan o dereito recoñecido pero estaban á espera de recibir a prestación Recoñecida. En total o universo a protexer polo Sistema alcanzaba a 1.022.885 persoas.
Un ano despois de que o Goberno aplicará a Reforma do Sistema de Dependencia recollida no RD Lei 20/2012 de 13 de xullo, o saldo é desolador. Neste mes de agosto 739.724 persoas con dependencia recibiron atención, é dicir 40.812 persoas menos que as que fai un ano recibían algunha prestación. Si sumamos o número de persoas que están con dereito recoñecido pero en lista de espera, o universo total de persoas a protexer ascende a 941.453, é dicir 105.062 persoas menos que en agosto do pasado ano.
Pero, froito da reforma non so son xa máis de 100.000 persoas menos as protexidas, a súa vez, recortáronse as prestacións económicas nun 15%, máis o incremento que algunhas CC.AA. fixeron sobre este recorte estatal; reducíronse as horas de atención no domicilio ata un 58% en función do grao de dependencia e incrementouse o copago dos usuarios ata un 90% do custe de calquera servizo.
A reforma, como así constatan moitos profesionais dos servizos sociais municipais deixaron en papel mollado o dereito subxectivo que recoñecía a lei ás persoas con dependencia e fulminou a natureza pública e o carácter universal do Sistema para a Autonomía e Atención ás persoas en situación de Dependencia.
A esta reforma do Sistema de Atención á Dependencia hai que sumar a Reforma da Administración Local, que vai supoñer que os servizos sociais municipais deixen de prestarse polos concellos, a Administración máis próxima á cidadanía, e se presten en función do que decida a Comunidade Autónoma correspondinte, o que traducirase en privatizacións e un deterioro do servizo que esde eles se presta ás persoas con dependencia, a parte dunha nova escusa para a opacidade á hora de facilitar os datos do Sistema de Atención á Dependencia.
Transitamos cara un sistema mercantilizado, que reduce o numero de persoas con dereito a ser protexidas, a cobertura das súas prestacións ata facelas claramente insuficientes e configura un sistema dual e mercantilizado, onde o grao de atención ante necesidades similares, non ven determinado por prescrición técnica, senón pola capacidade económica das persoas en situación de dependencia e/ou a da súa familia.
Estas reformas son un paso máis cara a regresión social e afondan na recesión económica a que nos conducen as políticas que impoñen os gobernos, que confunden austeridade con recortes de gasto social público e sustentable con recortes en dereitos sociais recoñecidos e que tanto custaron conseguir.
Desde a FSC CCOO seguimos loitando en contra destas reformas e denunciando ante a opinión pública as consecuencias da súa aprobación.