O Sector de Xustiza de Galicia de CCOO ven de remitir á Dirección Xeral de Xustiza o seguinte escrito no que se solicita a cobertura por funcionarios titulares das prazas de reforzo creadas nos xulgados de 1ª Instancia de A Coruña e Vigo e a cobertura das resultas por funcioarios interinos
SR DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5-A
15707 Santiago de Compostela
O próximo día 01 de setembro entrarán en
funcionamento nas cidades de A Coruña e Vigo as medidas de reforzo dos xulgados
de 1ª Instancia, que como consecuencia das demandas derivadas da
comercialización de produtos financeiros híbridos, "preferentes",
viron incrementadas e sobre todo verán incrementadas as súas cargas de traballo
de xeito moi importante.
As medidas de reforzo prolongaransen, segundo
acordo do propio Consello Xeral do Poder Xudicial, durante un ano. No propio
Acordo do C.X.P.X recóllese a necesidade do nomeamento dun Maxistrado, un
Secretario Xudicial e funcionarios dos corpos de Xestión Procesual, Tramitación
Procesual e Auxilio Xudicial.
No mesmo acordo decidiuse dar traslado á Xunta de
Galicia da proposta, con informe favorable do C.X.P.X, "do nomeamento en COMISIÓN DE SERVIZO CON RELEVACIÓN DE
FUNCIÓNS, ou no seu defecto, en réxime de interinidade, dos funcionarios dos
Corpos de Xestión Procesual, de Tramitación e de Auxilio Xudicial, coa
finalidade de colaborar no plan de actuación que se aproba, en NÚMERO
SUFICIENTE para que a medida estea dotada de VERDADEIRA OPERATIVIDADE"
Dende CC.OO coincidimos co Consello Xeral do Poder
Xudicial na necesidade de nomear un número de funcionarios suficiente que
permita que esta medida de reforzo alcance o seu obxectivo, isto é, que os
xulgados actuais non sufran a saturación como consecuencia da presentación de
demandas, e o que é mais importante, que os estafados polas entidades bancarias
vexan atendidas as súas xustas demandas o máis "rápido" posible.
Para CC.OO é imprescindible que tanto na Coruña
coma en Vigo se creen un número de prazas en COMISIÓN DE SERVIZO idéntico a un
xulgado de Primera Instancia (3 Xestores, 4 Tramitadores e 1 Auxilio Xudicial).
De non se facer así abocaría a medida de reforzo a un fracaso absoluto e que os
afectados polas preferentes volvan ser "estafados", pero esta vez
polos políticos que os representan.
Ante a proximidade da data de comezo da medida
solicitamos que de xeito inmediato se convoquen as COMISIÓNS DE SERVIZO CON
RELEVACIÓN DE FUNCIÓNS entre os funcionarios de Xustiza e una vez adxudicadas, as súas prazas sexan cubertas por funcionarios
interinos.
Para finalizar queremos recordarlle que na última
Mesa Sectorial, celebrada no mes de xullo, todos os Sindicatos con
representación na Mesa (CC.OO-USO-UGT-CSIF-CIG) xa solicitamos a cobertura con
funcionarios titulares destas prazas e a cobertura das resultas con
funcionarios interinos.
Galicia, 19 de agosto de 2013
Pablo Valeiras Rios
Responsable do Sector de Xustiza de Galicia