Dende o día 28.8.2013, no seguinte enderezo electrónico http://cpapx.xunta.es/ normativa-en-tramitacion, en cumprimento do previsto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autónomico de Galicia, somente a: Información pública para presentación de posibles alegacións o Proxecto de Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
Poderán presentarse cantas alegacións se estimen convenientes relativas aos textos presentados no apartado "Documentos relacionados" nun prazo de QUINCE (15) días hábiles, a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio. As alegación enviaranse por escrito, de forma electrónica, aos enderezos que se adxuntan para cada norma ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.