URXENTE: Resolución provisional do concurso de traslados


30 jul 2013


Hai un intre publicaron na páxina Web do Ministerio a Orde de 19-7-2013, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados para os Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, anunciado por Orden JUS/752/2013, de 15 de abril (BOE 6-5-2013), e publican a adxudicación de prazas en orden alfabético por Corpos, a relación de excluidos totais e as preferencias que se tuveron en conta.

Os Anexos III poderán ser consultados a partir do día 1 de agosto nesta mesma páxina, nun apartado adxunto, debendo marcar o NIF do interesado.

A Orde de 19-7-2013 publicarana no Boletín Oficial do Estado do día 2 de agosto, pudendo os interesados formular alegacións dende o día seguiente a devandita publicación ata o 15 de setembro próximo.

Según a Orde, oos funcionarios interesados expresarán nun prazo a contar a partir do día seguinte á publicación desta Orde no Boletín Oficial do Estado (o vindeiro día 2 de agosto) e ata o 15 de setembro de 2013, a súa disconformidade cos datos obrantes no Anexo lll, para o que deberán solicitar a súa corrección mediante o Anexo IV ( Modelo de Alegacións) publicado no Boletín Oficial do Estado de 6 de maio de 2013 e na páxina web do Ministerio de Xustiza, aportando a proeba documental oportuna.

O modelo de alegacións e documentación adxunta, no seu caso, se remitirán preferentemente ao Ministerio de Xustiza mediante fax, dirixido á atención de "Concursos-Despacho 220", aos números 913904295 / 913902394 / 913904279 / 913904250 / 913902076