CCOO reitera a esixencia de retirar a entrega aos procuradores dos actos de comunicación e execución


3 jul 2013


CCOO esíxelle tamén que cumpra xa cos compromisos que adquiriu hai meses de eliminar a obrigatoriedade para o persoal funcionario de acudir con abogado e procurador a defender os seus dereitos laborais e profesionais. 


CCOO denunciou de novo ante o Ministro de Xustiza a permisividade do seu departamento para que empresas privadas actúen no ámbito da administración de xustiza usurpando funcións reservadas ao persoal funcionario, tal e como establece o Artigo 435 da LOPX, e advertimos que non imos consentir que a vulneración da legalidade quede impune 

CCOO volveuse dirixir ao Ministro de Xustiza para esixirlle:

  • A retirada da entrega aos procuradores dos actos de comunicación e os embargos, recollida no anteproxecto de Lei de Axuizamento Civil (LAC) aprobado polo Goberno. 
  • A inmediata convocatoria da mesa sectorial de Administración de Xustiza para que todas as modificacións, que o Goberno anunciou vai a realizar nos próximos meses, das leis de Demarcación e Planta, LOPJ, LECr, Lei de Xurisdición Voluntaria e a Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativo, que supoñen profundas agresións e recortes aos dereitos do persoal da Administración de Xustiza, e, entre elas, significan o ataque desenfreado, ao emprego e ao servizo público, sexan negociadas con anterioridade á súa aprobación polo Consello de Ministros. 
  • O cumprimento dos compromisos adquiridos de recuperar o apartado 3 do artigo 23 da Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, no sentido de que os funcionarios públicos en defensa dos seus dereitos laborais e profesionais non necesiten nin de avogado nin de procurador. 
  • Neste mesmo sentido, co obxecto de que os intereses colectivos ou individuais dos traballadores e traballadoras queden salvagardados, volvemos esixir que cando as organizacións sindicais actúen en defensa de intereses do persoal, colectivos ou individuais, deben tamén quedar exceptuados do pagamento de taxas, nos mesmos termos que o establecido no artigo 4.d) da Lei de Taxas, que determina que os funcionarios públicos en defensa dos seus dereitos profesionais e laborais están exentos do pagamento das taxas xudiciais. 
  • Que curse de inmediato unha orde para que a empresa privada cese na usurpación de funcións do persoal funcionario no Servizo Común de Rexistro, Repartición, Dixitalización e Arquivo da Audiencia Nacional, expresamente prohibidas no artigo 435 da LOPJ. E no caso contrario, CCOO advertiulle que, se non se dá solución no prazo dun mes nos termos expostos, poñerá os feitos en coñecemento da instancia xudicial oportuna para que, se é o caso, se depuren as responsabilidades. 
  • A retirada aos Notarios da encomenda da xura nos expedientes de nacionalidade. Porque de facto supón a privatización dunha tarefa que realiza o persoal da Administración de Xustiza dos Rexistros Civís de forma gratuíta. CCOO anunciou o Ministro de Xustiza que se non se producen as rectificacións que esiximos, a súa actuación será a única responsable dunha confrontación nunca vista ata o momento na Administración de Xustiza