Axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo


2 jul 2013



Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 123, do 1 de xullo de 2013, publicase a Resolución do19 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE),  e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Descargar PDF

Presentación solicitudes - Artigo 7.1: preferentemente vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Prazo de presentación - Artigo 7.2: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia