A Xunta da “Champion League” de Feijoo, peor que un equipo de Berlusconi


27 jun 2013


A Xunta de Galicia parece que non está contenta con quedarse con prácticamente o equivalente a unha paga extra, tal como aparece no cadro seguinte:


Corpo
Cantidades totais a descontar
M. Forenses
Entre 2.896,05 € e 2.442,53 €
Xestión
Entre 1.172,61 € e 1.086,12 €
Tramitación
Entre 985,22 € e a 919,42 €
Auxilio
Entre 896.20 € e 823.12 €

Agora, a penultima é que na nómina de xuño, a que acabamos de recibir, a Xunta de Galicia nunha demostración clara de neglixencia, incompetencia, mala intención ou as tres cousas, comete varios erros:

-       Aos funcionarios que solicitaron parte da paga extra no mes de xaneiro vólvenlle reter os dereitos pasivos e a MUGEJU, que xa llo retiveran na nómina do mes de xaneiro (as cantidades varían según o corpo.)
-       Aos funcionarios que solicitaron o adianto tamén teñen o I.R.P.F mal calculado pois está calculado sobre o montante total da paga extra, cando realmente no mes de xuño so lles  aboaron unha porcentaxe da paga extra.
-       Aos funcionarios dos corpos de Xestión e aos de Tramitación Procesual a maiores do CAT (complemento autonómico transitorio) do mes de xuño (427,20€) fannos un prorrateo, como nos estiveron facendo o resto dos meses

Todo esto xa está denunciado á Subdirectora Xeral, solicitando que de maneira inmediata e como máis tardar na nómina do mes de xullo se solventen todos este erros.