A LOITA SÍ QUE VALE
A
PRESIÓN SINDICAL, LEVANTÁNDONOS DA MESA, E O IMPORTANTE SEGUIMENTO DAS
MOBILIZACIÓNS DO PASADO DÍA 22 DE MAIO OBRIGAN Á DXX A RECOÑECER OS 3 DÍAS DE
LIBRANZA E A FLEXIBILIDADE HORARIA
DÍAS DE LIBRANZA E FLEXIBILDADE
HORARIA
A decisión unánime de abandonar a mesa levada a cabo por
CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG, sindicatos con representación na Mesa Sectorial, e
o apoio dos traballadores nas mobilizacións convocadas o pasado día 22 de maio
nas sete grandes ciudades de Galicia, obriga á Administración a rectificar a
súa negativa a:
1º Recoñecer a
discriminación dos funcionarios de Xustiza con respecto do resto de funcionarios doutras administración
A partires do PRIMEIRO
DE XUÑO todos os funcionarios, de maneira voluntaria, poderán acumular as
horas traballadas por enriba das 7 horas diarias obrigatorias (en cómputo
mensual), ata alcanzar un máximo de 22 horas e media en cómputo anual
equivalentes a 3 días de libranza.
Esta foi a principal razón de levantármonos da Mesa
Sectorial o pasado día 8 de maio
2º Negativa a cumprir coa “flexibilización
do horario fixo” recollida na normativa de permisos e licenzas. Neste punto a administración non tivo máis que aceptar a obviedade,
é dicir, que o traballador ten o dereito a converter 1 hora do horario fixo,
para conciliar a vida laboral e familiar, en 1 de horario flexible. Tal e como esta a
pasar a día de hoxe.
NEGOCIACIÓN DE DESCONTO POR BAIXA
(I.T.)
Todas as centrais sindicais esiximos á administración
esperar á negociación da normativa estatal (Ministerio de Xustiza) para evitar
a discriminación entre funcionarios, incluso no mesmo xulgado (Secretarios con
normativa estatal, resto de funcionarios con normativa de Galicia)
A semana que ven terá lugar a Mesa Sectorial de Xustiza
no Ministerio para desenvolver a normativa. Recordarvos que antes do día 29 de xuño non haberá ningún
tipo de desconto.
OUTROS
Substitucións
verticais.- A administración
aceptou a reivindicación de CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG de abrir a negociación
sobre substitucións verticais para acadar o 100% das retribucións nas substitucións
(A IGUAL TRABALLO IGUAL RETRIBUCIÓN)
Permisos.- Dende XA poderase
coller o permiso por ingreso hospitalario ou, enfermidade grave por días
soltos e no prazo dun mes.
Vacacións.- Dende XA se poden pedir nas delegacións os 7 días de
vacacións por separado
Interinos e
reforzos.- A administración
convocará proximamente a derradeira mesa sobre a orde de interinos para a súa
posterior publicación.
A LOITA SÍ QUE VALE