A EGAP publica no Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2013 unha convocatoria de accións formativas destinadas ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia.
Poderán acceder aos citados cursos os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de Xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar; e os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia
Prazo de matrícula: desde o 16 de maio ás 08:00 ao 25 de maio de 2013 ás 14:00 horas
Lugar de matrícula: egap.xunta.es/matricula
Número máximo de solicitudes por persoa: 5
Enlace permanente: - convocatoria
- ficha da convocatoria
Enlace permanente: - convocatoria
- ficha da convocatoria