Publicouse a nova Guía de solicitude de vacacións OPAX, que informa os usuarios da aplicación Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de como solicitar os días de lecer, consultar a situación na que se atopa a petición ou facer unha anulación.
Coa nova versión posta en produción, a OPAX permite facer peticións por mes natural, por días ou por días soltos. Tamén permite modificar a petición feita ou anular a solicitude. Para a súa presentación mediante esta aplicación, é necesario asinar electronicamente a petición. Así mesmo, os usuarios poderán consultar o saldo de días de vacacións e permisos.