Carta ao Director Xeral de Xustiza solicitando o pago Mugeju e Dereitos Pasivos


13 feb 2013


SR. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA 
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar. 
15781 Santiago de Compostela. 



Na Mesa Sectorial do pasado día 7 de febreiro a petición de CCOO, Uso, Ugt, Csif e Cig,  Sindicatos con representación na Mesa de Negociación de Xustiza, se solicitou o pago das cantidades indebidamente retenidas correspondentes a Dereitos Pasivos e Mugeju da paga extra QUE NON COBRAMOS.

Dende CC.OO sempre mantuvemos que esta retención era non só inxusta senón ilegal, todo elo sobre unha supresión de paga extra todavía máis ilegal, pois ésta fixérona “saltándose a la torera “ unha Lei Orgánica, nada máis, nin nada menos.

A contestación que vostede e o seu equipo nos trasmitiu na Mesa foi a seguinte “eso é un asunto de facenda e terán eles que buscar as formulas de devolución”. Esta contestación choca frontalmente co que ocurre no Territorio Ministerio, no que o propio Ministerio comunicou que na nómina de febreiro ingresará as cantidades correspondentes á retención ilegal.
   
  
As cantidades descontadas de forma indebida e que deben ser ingresadas son as seguintes:

Corpo/
Devolución
Forenses e facultativos INT
Xestión e tel do INT
Tramitación e axudantes lab INTt
Auxilio Xudicial
Devolución MUGEJU (en febrero 2013)
47,27€
37,20€
28,57€
22,60€
Devolución dereitos pasivos, en febreiro 2013
(só aos funcionarios de carreira que ingresaron antes do 1-1-2011**)
107,96€
84,97€
65,26€
51,63€

** Os funcionarios de carreira que ingresaron con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2011, os seus descontos mensuais por cotizacións sociais son de Mugeju e de cotizacións de SSocial por continxencias comúns (e non de dereitos pasivos, ao estar integrados no Réximen Xeral aos efectos de pensións: según RD 13/2010 de 3 de decembro).

Respecto a éstas últimas, nas pagas extras non se produce desconto de cotizacións de SSocial porque o devandito desconto sobre o total das retribucións anuais brutas reaíizase nas doce mensualidades ordinarias.

Dende CC.OO esiximos que a Galicia da “champions league” do Sr. Nuñez Feijoo evite que os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia queden relegados con respecto ao resto de funcionarios do Estado

Mercedes Vazquez Piñeiro
Responsable Organización do Sector de Xustiza de CC.OO

Fdo