Director Xeral de Xustiza
Praza de Europa nº 5-A 4º andar
Santiago de Compostela
Como vostede sabe o Real Decreto Lei é unha norma xurídica
con rango de lei que é ditada en caso de extraordinaria e urxente necesidade.
De facto, esta figura utilízase cunha única utilidade: evitar os debates
parlamentarios e a publicidade nos medios de comunicación, que permitirían que
os cidadáns tivésemos coñecemento real dos
verdadeiros motivos e consecuencias de medidas regresivas que o único que
pretenden é beneficiar a uns poucos en prexuízo da maioría.
O Real Decreto é unha ferramenta
tristemente perfecta nos momentos de conmoción e confusión xerados por esta
crise, con. a nacionalización das perdas bancarias pagadas co erario público,
capital achegado polo cidadán, que repercutiu en subas de impostos non
progresivos e rebaixa de salarios e despedimentos, que abocado ao peche de
miles de empresas, máis de 5.500.000 millóns de parados e subindo.
O Real Decreto Lei 20/2012 de
"medidas para garantir a estabilidade presupostaria", é o paradigma
da perversión gobernamental no emprego desleal da lexislación, onde entre outra
medidas se recollían con respecto aos empregados públicos, a eliminación da
paga extra, a mobilidade xeográfica, a eliminación de días de vacacións e
asuntos particulares, co desconto do 50% soldo do primeiro ao terceiro día de
baixa, etc...
Todas estas medidas, por desgracia, xa
están en vigor en todas as Administracións, salvo a Administración de Xustiza,
que está regulada por unha Lei Orgánica. Por iso recordámoslle, aínda que damos
por feito que coñece o ordenamento xurídico, pois un Real decreto pode regular
materias das que se ocuparía a lei ordinaria, pero nunca daquelas materias
reservadas á lei orgánica (dereitos fundamentais, estatutos de autonomía,
réxime electoral), o seguinte:
- - Que
mentres non se modifique a Lei Orgánica do Poder Xudicial ningún dos recortes, absolutamente inxustificados, recollidos no
Real Decreto Lei 20/12 poderán se
impostos aos funcionarios da Administración de Xustiza, pola contra infrinxiríase de xeito flagrante a lei.
Por todo o antes exposto a Xunta de
Galicia se ve obrigada polo ordenamento
xurídico a ingresar a paga extra de decembro a todos os funcionarios da
Administración de Xustiza de Galicia, manter os días de asuntos particulares,
os días de vacacións, non aplicar ningún tipo de desconto nas baixas, etc,.
Galicia, 10 de decembro de
2012
Fdo. Pablo Valeiras Rios
Responsable do Sector de Xustiza de Galicia