Sr. Director Xeral:
Poño no seu coñecemento que no
día de onte publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei 10/12, pola que se
regulan determinadas taxas no eido da Administración de Xustiza e do Instituto
Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, de entrada en vigor no día de
hoxe.
Na devandita lei, inxusta e
arbitraria, na súa Disposición final cuarta, o partido que o elixiu para o seu
cargo, introduciu una addenda con calzador, que nada ten que ver con taxas ou
demais impostos revolucionarios da era moderna:
-
Consagra a eliminación da paga extra dos
funcionarios de xustiza,
ante a previsión de non chegar a tempo a reforma da LOPX, sen a cal, non
podería producirse ese desconto.
-
Impón
o paradoxo de non cobrar a paga extraordinaria e, no entonte, establece a obriga de aboar dobremente os
dereitos pasivos e a cota da Mutualidade, coa consecuencia de que a nómina
de decembro será aínda inferior ás dos meses anteriores.
-
Recoñece a esixencia de CCOO, dende xullo
deste ano, de compensar o maior desconto que sufriron os funcionarios de
xustiza respecto ao resto de funcionarios públicos co RD 8/10.
Sabemos que vostede e un
estrito cumpridor da legalidade, e polo tanto, no tocante a este último punto
esiximos que tamén faga o propio, e que comunique
aos traballadores as xestións realizadas ante a Consellería de Facenda, o
Cixtec e as habilitacións a fin de acatar a Disposición final cuarta da Lei
10/12, de obrigado cumprimento dende
o día de hoxe e que obriga ao ingreso na nómina de decembro das seguintes
cantidades:
Xestión Procesual: 7,14% - 5,42% = 1,72 % del salario anual (1,72% de
1.108,61 X 14 pagas =266,95 euros)
Tramitación Procesual: 7,14 % - 6,30 % = 0,84 % del salario anual (0,84 %
de 911,18 X 14 pagas = 107,15 euros)
Auxilio Xudicial : 7,14 % - 7,08 % = 0,06 % del salario anual (0,06 % de
826,49 X 14 pagas = 6,94 euros)