Dende CCOO da Coruña tivemos
coñecemento da decisión da DXX de proceder a supresión , a partir do vindeiro
día 31 de novembro, da praza de reforzo
existente no Xulgado do social 3 da
Coruña e queremos mostrar o noso total
desacordo con dita decisión
arbitraria, xa que:
·
Aínda que
o nomeamento dese reforzo estivo supeditado a suplir as repetidas baixas dun
tramitador titular e a este funcionario concedéronlle a incapacidade no mes de
maio, ese xulgado, coma todos os da orde xurisdicional social está sobrecargado
de traballo, cunha ratio moi por encima do módulo.
·
A
decisión tómase contra o criterio de Xuíz e Secretario, que non só están en
contra desa medida, senón que tiñan pensado pedir máis reforzos, toda vez que
están incoándose a finais de 2012 asuntos do 2011.
·
Na
xurisdición social resólvense asuntos capitais que afectan a cidadanía, deles
depende o aboamento ou non das indemnizacións por despido, a declaración de
nulidade ou improcedencia de despedimentos, problemáticas e dramas familiares
que necesitan unha resposta áxil e eficaz da Xustiza.
·
A
sobrecarga é notoria e inasumible para os propios funcionarios, como o demostra
o feito de que no concurso de traslados dúas persoas cambiarán de xurisdición,
o que engade un novo problema, xa que os novos titulares, un xestor e un
tramitador , ambos procedentes doutra xurisdición, terán que ser obxecto da
nova formación tutorial, o que suporá un maior retraso na tramitación dos
asuntos.
·
No
vindeiro mes de decembro, cando remate o traballo do xulgado de apoio, tódalas
execucións procedentes do traballo destes meses do xulgado de apoio
reverterán nos cinco xulgados existentes
na xurisdición social, que veranse colapsados de traballo.
CCOO considera que ,por todo o exposto, este non é o momento máis oportuno e acertado para proceder a supresión deste reforzo e pedimos que en aras do bo funcionamento do
xulgado e para non provocar un colapso neste órgano, a DXX reconsidere a súa postura e
adopte a decisión da continuidade do reforzo de tramitación do xulgado
do social 3 da Coruña e, a maiores, que se nomeen novos reforzos nos restantes
xulgados desta xurisdición para acadar unha carga de traballo razoable conforme
aos módulos marcados polo CXPX.
A Coruña, 31 de outubro de 2012