Convocado o curso de formación para funcionarios en prácticas de xestión procesual e administrativa


30 oct 2012



A Dirección Xeral de Xustiza convocou, mediante Resolución do 25 de outubro, o curso de formación teórico-práctica para os aspirantes do proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa, aprobados no ámbito de Galicia no proceso selectivo convocado pola Orde XUS/2370/2011 e nomeados funcionarios en prácticas.
O persoal afectado debe presentarse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ás 10.00 horas do próximo 12 de novembro, nos termos que determina a orde do Ministerio de Xustiza, para o desenvolvemento da fase teórica do curso selectivo.
O curso terá unha duración de 15 días lectivos, no que o persoal funcionario recibirá formación específica sobre a estrutura orgánica e competencias do ámbito territorial, os procedementos xudiciais e os expedientes do Rexistro Civil, así como sobre o coñecemento e habilidades para o manexo das ferramentas e aplicacións informáticas. 
Os requisitos e documentación a presentar por parte dos alumnos pódense consultar no seguinte documento informativo: