No día de onte as Centrais Sindicales da cidade de Vigo convocamos a todos os traballadores a unha asemblea para valorar-las mobilizacións que se ealizaron ata o momento e as que se poidan realizar de agora en diante.
Todos coincidimos en que as mobilizacións realizadas tiveron unha boa repercusión nos medios de comunicación, tanto escritos, como na TV, especialmente o recibimiento e posterior acorralamento do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que permitiu que as nosas reivindicacións foran portada nalgún telediario e en varios periódicos, pero tamén todos chegamos á mesma conclusión: “É necesario un paso adiante nas mobilizacións”.
As manifestacións con cortes de tráfico, as concentracións, etc., deben ser complementadas con outro tipo de mobilizacións nas que o protagonismo dos traballadores é fundamental.
Como primeira medida a asemblea decidiu por unanimidade a participación na manifestación que terá lugar o vindeiro venres ás 12 horas diante do Edificio Novo dos Xulgados.
Nesta manifestación ademais de levar as nosas consignas contra os recortes, expresaremos a nosa oposición ao copago xudicial que os cidadáns sufriremos directamente nos nosos bolsillos e os Funcionarios Públicos en particular pois se nos obriga a estar asistidos con avogado e procurador, cando o resto dos traballadores na xurisdicción social non están obrigados, e se nos poden imputar as costas en caso de sentenza desestimatoria, é dicir, se queremos reclamar unhas vacacións temos que levar avogado e procurador e en caso de desestimarnos a demanda poderían condenarnos en costas.¡¡¡¡CASI NADA¡¡¡¡¡¡
Para a semana seguinte tamén se aprobaron por unanimidade novas medidas. Estas medidas faranse públicas no seu momento, para evitar posibles interferenzas ou boicots dende a Administración.
Dende a Asemblea tamén se decidiu darlle traslado das mobilizacións acordadas ao resto das cidades galegas e aos traballadores de Facenda de Vigo para así ir extendendo a mobilización.
Os traballadores de Facenda serán informados hoxe na asemblea das mobilizacións convocadas e votarán a participación nas mesmas.
Na asemblea tamén se recordaron alguns dos ataques do Goberno do P.P.
- Eliminación da Paga Extra
- 50% reducción soldo dende o primeiro día de baixa
- Eliminación de días de vacacións e días de asuntos particulares
- Aprobación da Mobilidad Xeográfica dos Funcionarios Públicos.
- Entrada ETT nas Administracións Públicas en lugar das bolsas de interinos
E das que se din que VIRAN logo das ELECCIÓNS DE GALICIA E EUSKADI especialmente se gaña o P.P.
- Despido de personal Laboral
- Aumento da xornada laboral, tanto de funcionarios como dos traballadores en xeral.
- Reforma L.O.P.X (paga extra, reducción de días, reducción 50% soldo baixas, mobilidade xeográfica)
- Nova baixada de Soldo
- Aumento da idade de xubilación
- Bixada de pensións.
- ETC…
A MOBILIZACIÓN TEN OS SEUS RESULTADOS, O POBO PORTUGUÉS OBRIGOU AO GOBERNO A RECTIFICAR NO SEU INTENTO DE REDUCIR O SOLDO UN 7%
A NON MOBILIZACIÓN TAMÉN TEN OS SEUS EFECTOS, AS BAIXADAS DE SOLDO E OS RECORTES EN XERAL
LOITA POLOS TEUS DEREITOS, NON CAIAS NA RESIGNACIÓN
E MOITO MENOS NA MEDIOCRIDADE