Tomadura de pelo e vergonzoso aplauso da bancada


12 jul 2012


RAJOY NON DEFRAUDA E A HINCHADA APLAUDE: BAIXADA DO 7% DO SOLDO DOS FUNCIONARIOS PÚBLICOS A TRAVÉS DA PAGA EXTRA, REDUCCIÓN DOS DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS, FLEXIBILIDADE NA MOBILIDADE XEOGRÁFICA E AMENAZAS VELADAS DE MAIS CAMBIOS DRÁSTICOS A CURTO PRAZO NO NOSO RÉXIMEN XURÍDICO

Se a población dubidaba en demonizar ou victimizar ao funcionario, agora xa o ten claro: o funcionario público é o culpable dos sete males, o ideólogo que está detrás da quebra de todo o sistema financieiro, o que endebedou o país, o que impulsou unha política de austeridade que acabou definitivamente coa productividade, a creación de emprego, e o crecimento do PIB, o que dilapidou o estado de benestar, a sanidade e a educación… todo o nefasto, ruinoso e tremebundo que se nos poida ocurrir, todo, absolutamente todo, é responsabilidade do funcionario público, do desempregado e do pensionista, a nova troika que afundiu España.

Afortunadamente a clase política saliu a partirse o peito polos cidadáns, pero polos cidadáns que manexan inxentes cantidades de diñeiro negro, aos que amnistía sin rubor; polos cidadáns que se salvaron do incendio das caixas saindo pola porta de atrás cos bolsillos a reventar de billetes de cincocentos, e tamén polos cidadáns que non coñecen mais emprego que o de político, que viven de dietas e gastos de representación, cargos vitalicios nas institucións públicas, saídas precipitadas do seu escaño para fichar por Consellos de Administración de grandes multinacionais... ¿Cómo imos a aplicar un imposto ás grandes fortunas de eses honrados cidadáns? ¡Non, non!¡Qué pague a nova troika! 

Pero coidado, Cristobal Montoro, Ministro de Facenda, con unha fixación cos funcionarios públicos que alcanza os límites da esquizofrenia paranoide, aínda non está satisfeito. A súa ambición é insaciable: incremento horario (a este paso por enriba do máximo legal), avaliación do rendimento e pérdida de fixeza no posto de traballo, EREs masivos ao personal laboral, prescindir por completo dos funcionarios interinos. Esas nimiedades rouban o sono ao noso ministro, que afila o cuchilo con ollos centelleantes para próximos consellos de ministros. 

Un país intervido, que á súa vez intervendrá ás Comunidades Autónomas e éstas aos Concellos, toda unha espiral de desinversión que tan ben funcionou en ¿Grecia, Portugal, Irlanda? ¡Error! ¡En Alemania! Unha invasión económica en toda regla que nos, os traballadores públicos, non podemos observar impasibles nos nosos postos de traballo. Non podemos consentir mais pérdida do estado de benestar, como tampouco, mais pérdida de poder adquisitivo nin mais menosprecio da clase política, Sr. Feijoo: ¿qué hai de aquelo de que “Galicia xa fixera os deberes”? 

¡Rebelémonos! Dende o Sector de Xustiza de CCOO pedimos a máxima participación en todas as mobilizacións que se leven a cabo para frenar o camiño cara a unha dictadura económica que cada día nos asfixia mais. Se nos asignan o papel de nova troika, devolvámollo coa súa misma moeda: menosprezo, avasallamento, atropello

¿O GOBERNO QUERE MOBILIDADE? ¡VAINA TER!
¡AGORA É O MOMENTO DE MOBILIZARTE!
¡PASA Á ACCIÓN CONTRA A CRIMINALIZACIÓN!
¡¡¡SÍ, PÓDESE