Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data 29 de maio de 2012.
O aviso prodúcese pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os interesados na substitución poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.
Substitucións verticais:
XDO. INSTRUCIÓN 2 OURENSE
Corpo : Xestión Procesual e Administrativa
Prazo: 29,30 e 31 de maio.
Substitucións horizontais:
FISCALÍA PROVINCIAL – A CORUÑA
Corpo : Auxilio Xudicial
Prazo: 29,30 e 31 de maio
XDO. INSTRUCIÓN 8 - VIGO
Corpo : Auxilio Xudicial
Prazo: 29,30 e 31 de maio
Podedes consultar a información no apartado de actualidade dentro das substitucións entre titulares, en recursos humanos, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións. Premendo no vínculo que se acompaña podedes acceder á información publicada.