Mesa sectorial: Modificacións dos cadros de persoal, substitucións, interinos e acción social


25 abr 2012



Nota informativa da Mesa sectorial celebrada o día 24/04/2012




1º.- MODIFICACIÓN DOS CADROS DE PERSONAL


Trala, para moitos, sopresiva comunicación do pasado venres da modificación dos cadros de personal, a Dirección Xeral de Xustiza, para calmar os ánimos, advertiu de que o plan de modificación dos cadros de personal está en proceso de estudo e valoración en sucesivas mesas de negocación(o vindeiro día 30 celebrarase unha nova mesa exclusiva deste tema), solicitaron das organizacións sindicais alegacions por escrito e accederón, a pedimento de CCOO, de acompañalo dunha memoria explicativa.

Sorprende que tanto pola Administración como por algún sindicato se insistira en denominar “REORDENACIÓNS” ao que todos sabemos son “AMORTIZACIÓNS” ou, o que é o mesmo, SUPRESIÓN DE PRAZAS e por conseguiente mais recortes aos dereitos dos trabajadolles públicos aos que últimamente estamos tan afeitos. A Dirección Xeral de Xustiza informou de que a AMORTIZACIÓN NON SERÁ INMEDIATA, que sólo se produciría a través de xubilacións e concursos de traslado, pero que non se cubrirán baixas de postos afectados polas amortizacións.

Tampouco foron capaces de concretar que destinos ou servizos se afianzarán ou crearán unha vez se fagan as amortizacións, demostrando unha vez máis a improvisación e a falta de rigor coa que traballa habitualmente a Administración, así como a evidente vontade só de “quitar” onde creen que sobra e non “poñer” alá onde se necesita.

2º.- SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS


En relación coa execución da sentenza de 11/05/11 e o Auto de 2/04/12 ditados pola sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a “anómala” execución levada a cabo pola Dirección Xeral de Xustiza en Resolución de 29/12/12, que declarou nulo o inciso final relativo ao complemento adicional por incremento de responsabilidades do novo posto, polo momento só podemos informar que por CCOO se exixiu que se recorra a resolución e que se busque o soporte xurídico axeitado, dado que existen diversas sentenzas que consideran que existiría un enriquecimiento inxusto da Administración si se beneficia do traballo dun funcionario sen retribuirlle o efectivo traballo desenvolto e unha discriminación inxustificada entre funcionarios de carreira e interinos.

A Dirección Xeral de Xustiza comprometeuse a exercer as competencias que en materia de personal lle transferiron e ao mesmo tempo dar cumprimento íntegro á sentenza e ao Auto do TSX.

3º.- APLICACIÓN DE LA LEI 1/2012 DE 29 DE FEBREIRO SOBRE MEDIDAS TEMPORAIS EN DETERMINADAS MATERIAS DE EMPREGO PÚBLICO DA COM. AUT. DE GALICIA


Sobre este punto informáronnos de que en aplicación desta Lei quedará “temporalmente” suprimida a acción social, AGÁS A AXUDA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE, e que pola Dirección Xeral de Xustiza se informou negativamente sobre a posibilidade de aplicar aos interinos a suspensión dos complementos ás prestacións da Seguridade Social en situacións de Incapacidade Temporal, porque entenden, como as organizacións sindicais, que están amparados polo artigo 504 da Lei orgánia do Poder Xudicial, pero que todavía está pendente o informe de Facenda.