Oposicións 201. Ofertas de prazas aos aprobados para o corpo de xestión, quenda libre


30 ene 2012



No Diario Oficial de Galicia número 290, do 30 de xaneiro de 2012, publícase a resolución do 17 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio.





Texto


Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio.


De conformidade co establecido na base décimo sexta da Orde XUS/1294/2010, do 5 de maio, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso nos corpos e escalas de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza (Boletín Oficial del Estado do 19 de maio de 2010), a Dirección Xeral de Xustiza

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de prazas desertas no ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se lles ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral libre no corpo de xestión procesual e administrativa convocado pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes deste ámbito dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e presentaranse no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, se non é simultánea coa publicación no Diario Oficial de Galicia, en:

a) As oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: Rexistro Único, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou nas distintas localidades.

b) Os rexistros das delegacións e subdelegacións do Goberno da Administración xeral do Estado, ou en calquera dos órganos ou oficinas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse por calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, en cuxo caso deberán ter entrada no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza antes da data de finalización do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, en cuxo suposto se presentarán nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo persoal de correos antes de seren remitidas.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta orde, de acordo coas seguintes instrucións:

– No modelo de instancia poderanse relacionar ata un máximo de 50 postos de traballo, con indicación do órgano, da localidade e mais da provincia.

– No caso de non lle corresponder ningún dos destinos especificados deste xeito, seguirase a orde de preferencia por provincias que os interesados indiquen no modelo de solicitude.

– Dentro de cada provincia, os destinos serán adxudicados pola seguinte orde:

1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
2. Tribunais superiores de xustiza.
3. Audiencias provinciais.
4. Fiscalías.
5. Institutos de medicina legal.
6. Decanatos e servizos comúns.
7. Xulgados de instrución.
8. Xulgados do penal.
9. Xulgados de vixilancia penitenciaria.
10. Xulgados de violencia sobre a muller.
11. Xulgados de primeira instancia.
12. Xulgados do mercantil.
13. Xulgados do contencioso-administrativo.
14. Xulgados do social.
15. Xulgados de primeira instancia e instrución.
16. Xulgados de menores.
17. Xulgados de paz.

Cuarto. Unha vez rematado o curso selectivo e mais o período de prácticas, e sumadas estas puntuacións á da fase do concurso-oposición, procederase á adxudicación segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo.

Quinto. Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude, unha vez terminado o prazo de presentación.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das solicitadas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Península e Baleares.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo, equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste ata que non transcorran dous anos desde a data da resolución na que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados ambos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.


Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza



ANEXO I


Relación de prazas

Xestión procesual e administrativa. Quenda libre


Posto de traballo
Localidade
Provincia
Comunidade
Función xdos. paz
Total
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1
Muros
A Coruña
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. númeo 1
Ribeira
A Coruña
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Ribeira
A Coruña
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 2
O Barco de Valdeorras
Ourense
Galicia

1
Xdo. de Paz
Viana do Bolo
Ourense
Galicia
Secret. funcións
1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1
Cambados
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Cambados
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 4
Cambados
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1
Cangas
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3
Cangas
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1
Marín
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 2 (VSM)
Marín
Pontevedra
Galicia

2
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3 (VSM)
O Porriño
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1
Redondela
Pontevedra
Galicia

3
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 1 (VSM)
Tui
Pontevedra
Galicia

1
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3
Tui
Pontevedra
Galicia

2
Xdo. 1.ª Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Galicia

1