DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA PRAZA DE EUROPA Nº 5-A 4º ANDAR SANTIAGO DE COMPOSTELA
Hai pouco máis dun ano, exactamente o día 2 de novembro do 2010, remitímoslle unha carta na que entre outras cousas diciámoslle o seguinte:
Días despois convocouse unha Mesa Sectorial e vostede aceptou a solicitude remitida por este Sindicato con respecto ás substitucións horizontais, empezando pola propia praza de instrucción nº 8 de Vigo solicitada no escrito.
Con todo, a súa decisión de permitir as substitucións horizontais, non sei se co seu consentimento ou non, foi obviada por responsables da súa Dirección Xeral desde fai un tempo, descoñecemos cales son os motivos, salvo algún comentario do tipo “dános moito traballo”, que como é evidente non lle recoñecemos ningún valor xurídico.
Nestes momentos en que como consecuencia do concurso de traslado que se acaba de resolver quedaron varias prazas sen cubrir, consideramos imprescindible que, tal como lle diciamos na carta de novembro do 2010, cúmpranse de xeito integro os acordos asinados entre a Administración e os Representantes dos traballadores e ofértense en substitución Horizontal todas as prazas de longa duración que non se cubran en substitución vertical.
Se ha publicado en la página web del Ministerio de Justicia: OFERTA COMISION SERVICIO MUGEJU 11 2024: Delegación de A Coruña 9 de enero de 2...
1. Escribe o teu correo electrónico no recadro e pulsa na tecla Enviar
2. Revisa o teu correo e activa a subscrición (en ocasións o correo aparece na carpeta de Non Desexado ou Spam)
3. Cada vez que se publique novo contido no blog, os lectores subscritos recibirán unha notificación por correo electrónico. Esta incluirá unha copia do contido novo e enlaces ás entradas.