Calendario laboral 2012. Festividades locais na provincia de Pontevedra


9 nov. 2011


No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 212, do 4 de novembro de 2011, publicouse publicouse a Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2012 na provincia de Pontevedra


Enlace permanente: http://goo.gl/oTXUw


Texto

Consonte co disposto no artigo 37.2, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, declarados vixentes pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo e no Decreto 128/2011, do 30 de xuño, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Pontevedra o seguinte:

CALENDARIO LABORAL ANO 2012

PRIMEIRO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER XERAL.

De conformidade co disposto no Decreto 128/2011, do 30 de xuño, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 serán as seguintes:

06 de xaneiro Día de Reis.

05 de abril Xoves Santo.

06 de abril Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

12 de outubro Día da Hispanidade.

01de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

08 de decembro A Inmaculada.

25 de decembro Nadal.

SEGUNDO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL.

Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, Decreto 128/2011, do 30 de xuño e o artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:


AGOLADA
28 de xuño
29 de xuño

ARBO
11 de xullo San Bieito
16 de agosto San Roque

BAIONA
20 de xullo Santa Liberata
26 de setembro San Cosme e San Damián

BARRO
15 de xuño Festa do Viño
05 de outubro Romaría de San Breixo

BUEU
20 de febreiro Luns de Entroido
16 de xullo Virxe do Carme

CALDAS DE REIS
22 de febreiro Mércores de Cinza
16 de agosto San Roque

CAMBADOS
11 de xullo San Bieito Patrón de Europa
18 de xullo Santa Mariña Patrona de Cambados

CAMPO LAMEIRO
13 de xuño Santo Antón
01 de outubro Santa Tareixa

CANGAS
30 de marzo Venres das Dores
27 de agosto Luns do Cristo

CAÑIZA , A
28 de maio Festa das Pascuillas
15 de outubro Festa de Santa Tareixa

CATOIRA
09 de xullo Santo Antonio de Padua da Parroquia de Catoira
30 de xullo San Mamede da Parroquia de Abalo

CERDEDO
13 de xuño Santo Antón
31 de xullo Luns do Ecce-Homo

COTOBADE
22 de febreiro Mércores de Cinza
20 de agosto San Roque e Santo Antón

COVELO
28 de maio Festa das Pascuillas
03 de setembro Día Seguinte á Festividade da Virxe das Dores

CRECENTE
28 de maio As Pascuillas
29 de xuño San Pedro

CUNTIS
11 de xullo San Bieito
17 de agosto Virxe do Carme

DOZÓN
06 de agosto
03 de setembro

ESTRADA, A
26 de xuño Festas patronais San Paio
27 de xuño

FORCAREI
27 de agosto Luns das Dores
12 de novembro Día Seguinte ao San Martiño

FORNELOS DE MONTES
09 de abril Luns de Pascua
10 de agosto San Lourenzo

GONDOMAR
11 de xullo San Bieito
16 de agosto San Roque

GROVE, O
16 de xullo Virxe do Carme
22 de febreiro Mércores de Cinza

GUARDA, A
21 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Virxe do Carme


ILLA DE AROUSA
07 de xaneiro
21 de febreiro Martes de Entroido

LALÍN
24 de setembro Festas Patronais
25 de setembro

LAMA, A
27 de xullo San Xoaquín e Santa Ana
06 de agosto Nosa Señora das Ermidas

MARÍN
16 de xullo Virxe do Carme
08 de setembro Nosa Señora do Porto

MEAÑO
11 de xullo San Bieto
13 de decembro Santa Lucía

MEIS
09 de abril Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
11 de xullo San Bieito

MOAÑA
09 de abril Nosa Señora dos Remedios
16 de xullo Nosa Señora do Carme

MONDARIZ
21 de maio Virxe da Franqueira
16 de agosto San Roque

MONDARIZ-BALNEARIO
21 de maio Peregrinación ao Santuario da Franqueira
16 de xullo Nosa Señora do Carme

MORAÑA
19 de xullo Santa Xusta
13 de decembro Santa Lucía

MOS
13 de xuño Festa da Rosa
07 de agosto San Mamede

NEVES, AS
30 de xullo
06 de agosto

NIGRÁN
29 de xuño San Pedro
01 de agosto San Fiz

OIA
28 de maio Virxe do Mar
07 de Agosto San Mamede

PAZOS DE BORBÉN
09 de abril Luns de Pascua
06 de agosto Virxe Blanca

POIO
25 de xuño San Xoán
24 de setembro Nosa Sra. da Mercé

PONTEAREAS
11 de xuño Luns seguinte á Festa do Corpus Cristi
29 de setembro San Miguel Arcanxo

PONTE CALDELAS
22 de febreiro Mércores de Cinza
29 de agosto Mércores da Festa das Dores

PONTECESURES
09 de xaneiro San Xulián
02 de xullo Festa do Carme

PONTEVEDRA
22 de febreiro Mércores de Cinza
11 de xullo San Bieito

PORRIÑO, O
11 de xullo San Bieito
24 de setembro Festividade do Cristo

PORTAS
21 de marzo San Bieito
09 de abril Luns de Pascua

REDONDELA
16 de abril Luns do Cristo
07 de xuño Xoves da Coca

RIBADUMIA
09 de abril Luns de Pascua
01 de xuño Festa do Viño Tinto

RODEIRO
21 de febreiro Martes de Entroido
18 de xuño Santo Antonio

ROSAL, O
21 de febreiro Martes de Entroido
19 de marzo San Xosé

SALCEDA DE CASELAS
21 de febreiro Martes de Entroido
16 de xullo Luns do Cristo

SALVATERRA DE MIÑO
11 de xuño Santísimo Cristo da Victoria
10 de agosto San Lourenzo

SANXENXO
09 de abril Luns de Pascua
04 de setembro Santa Rosalía

SILLEDA
20 de agosto Luns Seguinte á Festa da Empanada
19 de setembro Festa da Saleta

SOUTOMAIOR
09 de abril Luns de Pascua
06 de agosto San Salvador

TOMIÑO
21 de febreiro Martes de Entroido
10 de setembro Luns do Alivio

TUI
21 de febreiro Martes de Entroido
16 de abril Luns de San Telmo

VALGA
03 de febreiro San Brais
28 de agosto Virxe dos Milagres

VIGO
28 de marzo Reconquista da Cidade
16 de agosto San Roque

VILABOA
21 de febreiro Martes de Entroido
24 de xullo Santa Cristina

VILA DE CRUCES
28 de maio
13 de agosto

VILAGARCÍA DE AROUSA
22 de maio Santa Rita
16 de agosto San Roque

VILANOVA DE AROUSA
21 de febreiro Martes de Entroido
15 de maio San Isidro


TERCEIRO.—

Consonte co disposto no artigo 48.7 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as festas laborais sinaladas, tanto as de carácter autonómico coma local, terán a consideración de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos

CUARTO.—OBRIGATORIEDADE DO CALENDARIO.

En virtude do disposto no artigo 34.6 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento e consulta dos traballadores, o calendario laboral. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Vigo, 24 de outubro de 2011.—A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce.