Reforzos nos xulgados do social da Coruña


6 oct 2011


CCOO remite un escrito á Dirección Xeral de Xustiza para que se apliquen correctamente os criterios para a concesión dos reforzos




ESTRELLA AÑON ANIDO, Delegada de CCOO, sector xustiza pola provincia da Coruña, con domicilio a efecto de notificacións na rúa Capitán Juan Varela S/N entreplanta, Edificio da Audiencia provincial, por medio do presente escrito,

EXPÓN:

1. Por resolución do día 6 de xuño de 2011 da Dirección Xeral de Xustiza, acordouse autorizar prolongacións de xornada con motivo do plan de apoio aos Xulgados de Social núms. 1, 2, 3 e 4 da Coruña.

2. Co fin de prover as prazas necesarias para o funcionamento deses reforzos do xulgados do social, puxo en coñecemento do persoal dos distintos xulgados deste Partido a posibilidade de solicitar os ditos reforzos a través de prolongacións de xornada.

3. Na dita comunicación fixouse como data de inicio deses reforzos o día 3 de outubro de 2011, rematando o prazo de presentación de solicitudes o pasado día 15de setembro.

4. O mesmo día 3 de outubro, data de comezo das prolongacións de xornada, a DXX comunicoulles o seu nomeamento as persoas elixidas: dúas do corpo de xestión, dúas do corpo de tramitación e unha do corpo de auxilio.

5. No mesmo día da comunicación este sindicato tivo coñecemento, pero non precisamente por parte da Administración, do nome das persoas seleccionadas para o desempeño destas tarefas de reforzo. Postos en contacto telefónico coa DXX dinos que os criterios seguidos nesta selección foran en primeiro lugar a pertenza dos solicitantes a xurisdición social, e no segundo lugar a antigüidade do solicitante e a orden no escala.

6. Dende CCOO tivemos coñecemento nese mesmo día, e así o fixemos saber a esa DXX, que os ditos criterios non foran os aplicados o que comunicamos de inmediato a esa DXX co fin de que se emendara o dito erro, non procedéndose ó nomeamento, e ata o momento non temos contestación algunha, e polo que,

SOLICITO a esa Dirección Xeral de Xustiza , no nome de CCOO sector xustiza, se teña por presentado este escrito, por feitas as manifestación nel contidas e, en consecuencia, se proceda a outorgar as ditas prolongacións de xornada, en base aos criterios expostos por esa DXX.

A Coruña, a 4 de outubro de 2011

Asdo. Estrella Añon Anido
Delegada de CCCO na Coruña