Xa está dispoñible a inscrición no curso medio de linguaxe xurídica galega para o persoal de Xustiza que na data do anuncio do curso estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
A inscrición realizarase a través da páxina web da Escola Galega de Administración Pública, na Zona de matrícula
Datos do curso:
Codigo: FX11049
Nome: Medio linguaxe xurídica galega
Descrición: A capacitación lingüística en galego do persoal ao servizo da administración de xustiza que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios: Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. Para acceder ao curso de nivel medio e necesario ter aprobados ou validados algún destes cursos: o CELGA4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Data fin matrícula: 19/09/2011
Ficha do curso: http://goo.gl/xY8Rq