Publicado na intranet xudicial
Na intranet xudicial e na páxina web da Dirección Xeral de Xustiza publicouse o seguinte anuncio de comisión de servizo:
De acordo co artigo 73 do R.D. 1451/2005, de 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do Persoal Funcionario ao Servizo da Administración de Xustiza, anúncianse os seguintes postos para a súa cobertura en comisión de servizos:
IMELGA - DIRECCIÓN
Posto: Xefatura do Servizo da Área de Clínica Médico Forense
Corpo: médico Forense
Forma de provisión: concurso específico
SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DO IMELGA DE CORUÑA
Posto: Xefatura da Sección da Área de Clínica Médico Forense
Corpo: médico forense
Forma de provisión: concurso específico
SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DO IMELGA DE OURENSE
Posto: Xefatura da Sección da Área de Clinica Forense
Corpo: médico forense
Forma de provisión: concurso específico
As solicitudes presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza dende o día 19/09/2011 ata o 23/09/2011 e irán dirixidas á Dirección Xeral deXustiza (Praza de Europa, 5A, 4º, 15781 Santiago de Compsostela).
Enlace: http://goo.gl/hRv1R