Nota informativa de CCOO de Xustiza
Non haberá máis recortes engadidos na paga extra de xuño de 2011
Ante os insistentes rumores de novos recortes na paga extraordinaria, dende CCOO puxémonos en contacto coa Subdirección de Recursos Económicos do Ministerio de Xustiza quen nos asegura que as nóminas dos empregados públicos da Administración de Xustiza do ámbito de xestión do Ministerio xa están pechadas, e inclúen o importe completo da paga extraordinaria, así como os conceptos derivados dos acordos da Mesa Xeral de Función Pública asinados por CCOO no ano 2009.
Os funcionarios destinados nas CCAA con competencias transferidas tamén percibirán a paga extra coa totalidade dos conceptos complementarios, dado que se trata dunha lexislación de carácter estatal e básica.
Polo tanto, a paga extra de Xuño de 2011 terá a mesma contía que a de Nadal de 2010, que xa incluía o recorte dos salarios e complementos aplicados polo goberno de Zapatero.
Así, percibiremos como cantidades adicionais ao soldo e trienios, as seguintes contías na paga extra de xuño de 2011:
CORPO | COMPLEMENTO DESTINO | COMPLEMENTO ESPECÍFICO | TOTAL COMPLEMENTO EXTRA XUÑO 2011 (para sumar ao soldo e trienios) |
XESTIÓN PROCESUAL | 364,78 | 399,43 | 764,21 |
351,68 * | 751,11 * | ||
TRAMITACIÓN PROCESUAL | 329,62 | 348,87 | 678,49 |
316,48 * | 665,35 * | ||
AUXILIO XUDICIAL | 276,78 | 326,12 | 602,90 |
263,61 * | 589,73 * | ||
SECRETARIOS DE PAZ | 439,52 | 399,43 | 838,95 |
(*) Funcionarios destinados nos Xulgados de Paz