Publicado en www.xornal.com
A Xunta de persoal reuniu onte centos de empregados públicos en dúas asembleas nas que se apostou por novas mobilizacións sindicais
San Caetano e San Lázaro foron onte os centros neurálxicos do enfado dos funcionarios galegos, que se concentraron en dúas asembleas ao longo da mañá para “tratar de unificar posturas” sobre posibles mobilizacións e protestas contra “os rumores de novos recortes salariais” e a campaña de “desprestixio” que, segundo sinalan, está a levar a cabo a Xunta de Galicia sobre o seu traballo como empregados públicos.
As dúas asembleas, convocadas pola xunta de persoal e ás que asistiron os catro sindicatos con representación –CC OO, UGT, CIG e CSIF– foron “multitudinarias” polo “gran malestar” dos empregados coas últimas novas que falan de posibles recortes nas pagas extraordinarias.
Segundo explicou a Xornal de Galicia o voceiro de CSIF nas asembleas, José Sánchez Brunete, hai un “forte malestar” coa posibilidade de que se rebaixen as pagas extraordinarias. “Primeiro baixáronnos o salarios o ano pasado nun 5% e agora hai rumores que falan de rebaixas dun 2%, outras que apuntan a maiores rebaixas, case un 5%, e outros apuntan a que pode que as pagas extras sexan tan so do salario base máis a antigüidade, co que se perderían todos os complementos”, sinalou.
Pola súa banda, o representante de UGT, Carlos Rocha –que salientou tamén a “extraordinaria” acollida o persoal– explicou que polo de agora so hai rumores de novas rebaixas pero que, apuntou, “cando se fala tanto dunha cousa soe ser por algo...” Ademais, sinalou que a xunta de persoal lle planteou á Xunta a preocupación do cadro de traballadores por posible recortes, unha cuestión ante a que a Administración “so dixo que acatarías as ordes que lle viñeran dos de arriba”, dixo Rocha a este diario.
POSIBLES MOBILIZACIÓNS
Durante as dúas reunións dos traballadores os sindicatos plantearon ademais a posibilidade de novas mobilizacións para “dignificar” os postos de traballo que, segundo denunciaron, están “perseguidos” por unha “campaña mediática orquestrada dende a Xunta para xustificar novas rebaixas” nas condicións laborais dos funcionarios.
En calquera caso, todos os voceiros sindicais coincidiron en que calquera tipo de mobilización terá que vir respaldada por unha “unidade” que lle reivindicaron os traballadores e á que as catro centrais accederon “por coherencia e por interese común”, segundo apuntaron todos os representantes na administración pública.
Pedro Méndez, de UGT, dixo que esta unidade virá tamén respaldada polo “descontento” do cadro de traballadores da Xunta coas condicións actuais. “Estásenos dando caña dende todos os medios de comunicación e dende a propia Xunta, e nos facemos o noso traballo e estamos pagando en parte os recortes do Goberno”, destacou. “Agora é o momento de unirnos e pelexar para facer valer o noso traballo e para evitar que teñamos que asumir novos recortes nas condicións de traballo”, sinalou.
Pola súa banda, o voceiro da CIG, Xosé Ramón Vázquez apuntou que as posibles medidas de protestas, ademais de esixir ao presidente da Xunta que rectifique as súas declaracións sobre os empregados públicos, están aínda sen concretar, pero que “cos ánimos que vimos na asemblea, é moi posible que cheguen”. Neste sentido, Vázquez apuntou que o “enfado” do persoal ven tanto polos rumores de novos recortes como pola intención da Xunta de “facer ver” que os funcionarios “somos uns lacazáns”, sentenciou.
Así as cousas, os catro sindicatos, refrendados polos empregados, tomarán medidas nas vindeiras semanas para protestar polas dúas cuestións que máis lles preocupan agora mesmo: a posible rebaixa nas pagas extra e a imaxe pública que se quere transmitir deles.
Enlace permanente
Los funcionarios se rebelan contra las críticas de Feijoo
Aseguran que el presidente duda de su profesionalidad de forma constante
Publicado en www.lavozdegalicia.es
Anda en San Caetano el ambiente laboral cada vez más enrarecido. La sede de los servicios centrales de la Xunta, donde trabajan 2.000 empleados públicos, acogió ayer una asamblea multitudinaria, de esas que no se recuerdan. Cientos de funcionarios rebosaban el salón de Presidencia con aire de indignación colectiva, parecido al que desprenden esas plataformas de ciudadanos cuando se hallan afectados por una estafa. La reunión, en principio, estaba convocada por los sindicatos para tratar un posible recorte salarial, una propuesta que la Xunta ni siquiera ha puesto encima de la mesa. La concurrida asamblea, sin embargo, derivó en un alegato contra la figura del presidente, al que acusan de deslizar de forma constante e irresponsable declaraciones públicas que ponen en entredicho la honorabilidad y profesionalidad del grueso de empleados.
El desencadenante de este malestar se remonta a hace dos semanas, cuando el presidente recordó que se «paga por trabajar», con relación a la elevada tasa de absentismo laboral. Sin que se haya hecho público ni un solo dato de la incidencia de este problema, la Xunta ha anunciado una investigación para detectar posibles fraudes. Así lo reconoció el propio Feijoo en un almuerzo ante empresarios. Hace días, el presidente, interrogado sobre los retrasos en los cobros de empleados de Xustiza, se descolgó con otra ironía: «Xa xulgarán o resto de cidadáns se dous días é tarde para cobrar».
Los cuatro sindicatos con representación -CC.OO., CSIF, UGT y la CIG- han acordado la redacción de un manifiesto que firmarán todos los empleados públicos para reprobar esta conducta y para exigir que se investiguen las anomalías sin derramar las sospechas sobre el conjunto de trabajadores. Entienden que Feijoo se comporta de manera «irresponsable», como si confundiera su papel de presidente de la Xunta con el de consejero delegado de una empresa, tal y como denunciaba ayer un funcionario de la CIG.
El propio presidente es partidario de extender la jornada laboral a la tarde. Y cuentan que en San Caetano, tanto Feijoo como algunos conselleiros prefieren no hacer recepciones después de comer para evitar que otras autoridades crucen vacías las instalaciones, como si fuera día de fiesta.
Enlace permanente