Feijóo aos funcionarios: "Xa xulgarán os cidadáns se dous días é tarde para cobrar"


7 may 2011



O presidente da Xunta responsabiliza ao Estado e a un banco do atraso no pago das súas nóminas

Alberto Núñez Feijóo amosouse este xoves molesto coa actitude dos funcionarios da Xunta que denunciaron atrasos no pago das nóminas correspondentes ao pasado mes de abril. "As nóminas se fixeron efectivas este día dous e a ver se os cidadáns pensan, como eles, que é grave este incumprimento", suliñou.

En resposta a unha pregunta do GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo suliñou que esta situación se debeu a que a transferencia de cartos por parte do Estado chegou con retraso. "É certo que as nóminas se pagan dous ou tres días antes de acabar o mes porque as transferencias do Estado chegan con catro ou cinco días de antelación, pero neste caso chegaron o último día", apuntou.

Problemas cun banco

Por iso, o presidente galego quixo exculpar desta situación á Xunta xa que destacou que, en canto chegou esa transferencia, Facenda xa a distribuíu para o pago do salario dos funcionarios pero, entón, "houbo un problema cunha entidade financieira", que retrasou a operación. "Espero que este retraso non se volva producir", indicou.

En todo caso, volveu a insistir en que dous días de atraso non é moito atraso e facendo partícipe ao común dos cidadáns desta situación preguntouse; "¿que pensarán os cidadáns de que os funcionarios cobren con só dous días de atraso".

Enlace permanente



Ao marxe

O Sr. Feijoo seguramente non ten que pagar o día 1 de cada mes a cota da hipoteca ou os recibos de luz e auga. O Sr. Feijoo vive moi comodamente na súa residencia de Monte Pío, todo gratis.

Ao eficiente Sr. Feijoo o que lle molesta e que a cidadanía poña en evidencia o desastre do funcionamento da administración autonómia e o desmantelamento sistemático do estado de benestar.

Pois non, Sr. Feijoo, a administración autonómica ten que dar exemplo e a súa obriga e aboar as nóminas dos funcionarios cando marca a Lei e non agocharse, coma sempre, botándolle as culpas a outros.

Xaime Meilán