Concurso de traslados. Solicitudes a través do AIX


20 may 2011


Publicado na intranet xudicial



Hoxe o Boletín Oficial do Estado e o Diario Oficial de Galicia (véxase en "V. Administración de xustiza") publica a Resolución de 28 de abril de 2011, desta dirección xeral, pola que se convocan a concurso de traslados prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial.

Como novidade o punto 8 da base cuarta desta convocatoria incorpora a posibilidade de cubrir a instancia a través da aplicación informática AIX (na páxina "Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza) accesible dende esta intranet. Prevemos que a nova funcionalidade estea dispoñible a partir desta tarde.

Concurso de traslados