Oposicións. Tramitación, promoción interna. Impugnación do acordo do Tribunal


4 abr 2011


Publicamos o escrito dirixido ao Tribunal Cualificador Único do corpo de TRAMITACIÓN, promoción interna, impugnando o acordo do citado Tribunal, interesando anúlese este e, no seu lugar, dítese un novo acordo no que se publique a valoración obtida por aqueles opositores que, achegando a documentación ao efecto, cumpren estritamente os requisitos da convocatoria do proceso selectivo e, concretamente, o requisito da antigüidade de dous anos como funcionario de carreira do corpo de Auxilio Xudicial, computados dende o período de prácticas ou ben dende a orde de nomeamento como funcionarios de carreira.

Preme na imaxe para ampliala