Nota informativa de CCOO de Xustiza
Todas as compañeiras e compañeiros que están fóra da Comunidade Galega poderán realizar a partir de setembro o curso de Linguaxe Xurídico Medio a través de Internet evitando así ter que solicitar unha licenza de estudos no verán para realizar o curso ou utilizar as súas vacacións para realizar o mesmo. Á súa vez permite que os traballadores que están en Galicia poidan realizar o curso facilitando a conciliación familiar e persoal.
A Administración comprométese a que no ano 2012 se poida realizar tamén o curso de Linguaxe Xurídico Superior a través de Internet.
CURSO DE LINGUAXE XURÍDICO MEDIO
Segundo nos informa a EGAP (Escola Galega da Administración Pública) o curso de linguaxe xurídico medio poderase realizar vía Internet.
Neste curso poderán participar todos os funcionarios da Administración de Xustiza, independentemente do seu destino(dentro da comunidade e fóra).
Data de comezo: mes de setembro 2011.
CURSO DE LINGUAXE XURÍDICO SUPERIOR
Este curso realizarase de xeito presencial no mes de agosto para os traballadores da Administración de Xustiza que estean destinados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os traballadores destinados na Comunidade Autónoma de Galicia realizarase despois do verán, (Outubro-Novembro).